40 Feiradeza

A maior feira do gando de Galicia

A gran feira do gando galego cumpre 40 edicións

Feiradeza celebra este 2025 a súa 40ª edición, consolidada como a maior feira do gando de Galicia e un dos eventos máis relevantes do calendario agro-gandeiro estatal.

Durante os días 4, 5 e 6 de xullo, o Lalín Arena volverá ser o epicentro do sector, cun programa cheo de actividades, concursos de gando frisón, exhibicións, música en directo e unha ampla presenza de empresas e marcas colaboradoras.

Un punto de encontro para gandeiros, criadores, marcas e veciñanza, que fai de Feiradeza unha cita imprescindible este ano.

Broken peach

FestaDeza

cos Broken Peach

sábado 5 | 23h

Tamén haberá aperitivos!

Edición 2024

Feiradeza consolidouse na súa edición 2024 como un evento referente no sector gandeiro en Galicia, e posiblemente en España. Un espectáculo á altura dos mellores campionatos europeos que non deixou indiferente ao público asistente. Agora estamos a preparar a próxima edición, que, sen dúbida será un gran hito para todos os que organizan Feiradeza.

ver fotos ver pdf